|
Hai xa máis de tres décadas que Panadería Vista Alegre, S.L. se constituíu en sociedade co aval
da experiencia artesá herdada e que a día de hoxe seguimos acumulando.
O incremento da demanda dos nosos produtos incentivounos para multiplicar e diversificar a
capacidade produtora e distribuidora mediante as máis modernas instalacións e servizos
continuamente actualizados, extremando máis se cabe os controis de calidade do noso produto,
de xeito que hoxe en día satisfacemos desde o cliente individual que nos honra adquirindo
unha barra de pan fresco nun dos nosos despachos ata grandes pedidos de corporacións.
Asemade, o noso proceso produtivo abarca un considerable número de variedades máis aló do
pan.
Hónranos ser provedores do Parador Nacional Hostal de los Reyes Católicos ou do Pazo de
Ardaranz, ámbolos dous en Santiago de Compostela, así como da cadea de restaurantes Chuo-Ku
de Tokio (Xapón). Por isto mesmo, o noso labor ten sido recoñecido en diferentes medios de
comunicación.
|